Poemas e ilustracións

Fragmento do libro "Tu Existe"

Xa dispoñible a edición do libro TU EXISTE

http://www.larota.es/catálogo/libros-inútiles/tu-existe

«Tu Existe»

textos Luz Pichel

debuxos María Puertas

a partir dunha idea de proxecto Mateo Feijóo.

Coeditado por Crémilo – La uÑa RoTa

Obxetos

(…)
o serrón
o tronzador
a súa música
a música do carro
a das campás
a da campaíña de alzar o cáliz
a das árbores cando zoa o vento
a música terrible do lume no monte
o pranto das despedidas.
ESÍ ÉRACHE AQUÍ O NOSO VIVIR (poema, fragmento). TÚ EXISTE.

O Pobo

Antes dos tractores, os veciños xuntábanse para as mallas e para a limpeza do adro, da Igrexa, dos reghos de augha e dos camiños. Na limpeza dos montes colaboraban distintos operadores: ovellas, cabras, cabalos, vacas, gardas forestais e gardas civís. Uns levaban os seus propios dentes, outros ferramentas e outros o cetme profesional.
TÚ EXISTE conversa 16
Cando os veciños nos xuntabamos para estes traballos, cantabamos todos. Eu non canto, que non sei cantar, dixo Elvira, aquí a que canta ben é Pepita de Lueda; eu, poesías. Tocábanse as campás para xuntar a veciñanza e viñan de tódalas casas.
Iamos tódolos veciños xuntos limpar os reghos para que correse ben. Case tódolos traballos se faguían en común, antes dos tractores. Aínda o monte é común. Para elí ían á vixía as ovellas de todo o pueblo. Se che fai falta leña, vas e tráela, que para iso está.
TÚ EXISTE, conversa 4
       :pasadoiros        carreiriños       barrancos
                                                        condicións dos cans
                                                               non hai trazado
sen mapa (poema, fragmento,). TÚ EXISTE.

Mulleres de Vilar

“Metíanlle medo aos máis desbocados, aquelas mullerazas”
TÚ EXISTE, conversa 12

O Cura

Contan as veciñas de Vilar que tiveron un cura nunha ocasión que fuxiu coas imaxes da da igrexa. Ninguén ten noticia de onde poden estar. A partir de aí saíron estas ilustracións e un poema que imaxina o cura levando as santas para unha xesteira e facendo con elas as súas falcatruadas.

Autoridades

san pedro
san roque
san josé sería
a inmaculada
ou san andrés
san antonio
a virxe do carmen
san amaro
a de fátima
a de lourdes
o cura escapou con eles batendo as faldras contra as penas do monte
pechounos nunha cova
despois agochou a culpa ego te absolvo nunha xesteira        brincando coas santas
todas bonitas                 todas maría                 todas virxes

boqueaba

maría
maría
maría
maría
 
pacata túa
 
tú existe
Scroll al inicio