Mateo Feijoo
Como director artístico, na actualidade dirixo FLIPAS – Laboratorio de culturas urbanas, proxecto en colaboración co Goethe Institut e a Alianza Francesa de Madrid. Dirixín Naves Matadero – Centro Internacional de Artes Vivas. Anteriormente tiña sido director do Festival Escena Contemporánea da Comunidade de Madrid e do Teatro de la Laboral, proxecto escénico enmarcado en La Ciudad de la Cultura de Gijón (Asturias).
Como asesor teño colaborado na creación do Centro Coreográfico Galego. No Consello Estatal de las Artes del INAEM. Como asesor de danza en AC/E. Asesor no programa escénico da capitalidade europea de Pilsen 2015.
Curador de diferentes proxectos de artes visuais, destacando The Kitchen, Homage to Saint Therese de Marina Abramovic, The End of the World e El archivo del polvo de Elena del Rivero. Programador do Festival 3,2,1 e Prototipoak en Azkuna Zentroa en Bilbao. Curador do proxecto Streaming Egos para o Art Forum de Düsseldorf.
Desde 2010 a 2019 formei parte del xurado de selección de proxectos de axuda á mobilidade de Cimetta Found, e como docente, teño colaborado en diferentes Masters de xestión cultural e creación teatral. Na actualidade imparto clases no Master de Creación Teatral da Universidad Carlos III de Madrid.