Luz Pichel
Luz Pichel naceu en Alén, parroquia do concello pontevedrés de Lalín. É filóloga, catedrática de lingua e literatura españolas. Vive entre Madrid e Galicia.
Durante os primeiros anos en Madrid centrouse na súa actividade como docente. Foi profesora en varios Institutos de Ensino Secundario como o de Herrera Oria, Vega del Jarama y Ágora, no que se prejubilou no ano 2007.
A súa primeira publicación é El pájaro mudo en 1990, un poemario que suporía a súa única obra durante mais de dez anos. Entre 2002 e 2009 compaxinou a súa labor como docente coa da dirección, xunto a Guadalupe Grande, do Centro de Estudios da Poesía da Universidade Popular José Hierro de San Sebastián de los Reyes.
No ano 2004 a actividade como escritora volveu ao primeiro termo da súa vida, gañou o prestixioso Premio Internacional de Poesía Juan Ramón Jiménez na súa edición número vinte e catro coa obra La marca de los potros. Ese mesmo ano a Universidade Popular de San Sebastián de los Reyes reeditou a súa primeira obra ampliada con tres inéditos (Ángulo de la niebla, Cartas de la mujer insomne e Hablo con quien quiero) baixo o título El pájaro mudo y otros poemas.
No ano 2006 gañou o Premio Esquío de poesía en lingua galega. A obra premiada foi Casa pechada. Esta é a súa primeira obra escrita en galego, a súa lingua de nacemento. No ano 2013 publicouse unha persoal reescritura desta obra en castrapo, lingua de fronteira e de contacto entre o castelán e o galego, co título Cativa en su lughar.
Desde esta publicación seguirían outras tendo o galego como lingua central da súa creación literaria. Tra(n)shumancias no ano 2015, CO CO CO U no ano 2017, escrita orixinalmente na variante do galego falado no lugar de nacemento de Luz e traducido ao navero (fala local de Las Navas del Marqués) por Ángela Segovia e publicada en bilingüe. Din din don y más Hortensias azuis no ano 2021 a que seguirá Alén Alén tamén publicado no ano 2021 e co castrapo como lingua poética.