As Residencias

As residencias artísticas e os encontros do proxecto do Espello da memoria no trazo da palabra teñen como obxectivo, activar un territorio a través da conexión dos corpos e dos afectos, para dinamizar e potenciar a memoria e o imaxinario colectivo.

A Idea fundamental do Espello da memoria no trazo da palabra, ten como acción prioritaria activar a idea de comunidade, entendendo como tal, un conxunto de persoas que comparten o coñecemento a través dunha escoita activa.

Os artistas aproxímanse ao territorio para sumarse ás habilidades existentes, compartindo o tempo, o espazo, a memoria e as distintas prácticas de expresión nas que se desenvolven. Procurando no encontro vías para entrelazar o pasado co agora e abrir posíbeis camiños para o futuro.

Fotografías de documentación de A Horta da Cultura.
Scroll al inicio